Novas
O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal tras as advertencias do Consello de Contas
19/maio/2021
Xabier P. Igrexas: "O que nos di o Consello de Contas e do que non quere falar Abel Caballero é que na xestión económica do Concello hai moitas sombras. Luces, apenas as do nadal"
A fronte nacionalista considera "graves" algunhas conclusións do informe do Consello de Contas en relación á operación de rescate do Auditorio Mar de Vigo, da falla de persoal municipal, de que 8 de cada 10 subvencións foran "a dedo" ou o abuso irregular dos contratos menores.