O BNG de Vigo urxe alternativas habitacionais da Xunta e do Concello para as persoas sen fogar da antiga estación de bus
A fronte nacionalista dirixirase a Ana Ortiz e Abel Caballero para reclamar un plan conxunto para atender ás persoas afectadas diante do anuncio de desaloxo
Demanda unha acción coordinada para evitar que se volva repetir o sucedido no desaloxo da antiga factoría de Pescanova
Xabier P. Igrexas: “As persoas sen teito non son trastes que botar fóra, son persoas con dereitos que merecen axuda e atención por parte das administracións públicas”