O BNG de Vigo expresa o seu total apoio á folga do metal diante do “irresponsábel bloqueo patronal”
A fronte nacionalista denuncia o “silencio cómplice” do Goberno municipal e da Xunta e reivindica a loita do sector como “chave para o futuro industrial de Vigo”
Demanda un convenio digno que atenda as “xustas reivindicacións” das traballadoras e traballadores
Xabier P. Igrexas: “Neste conflito non caben equidistancias e no BNG sabemos perfectamente de que lado da trincheira estamos: sempre a carón da maioría social que representan as traballadoras e traballadores”