instalacións
Novas

O BNG de Vigo critica a “chapuza” nas pistas de atletismo: tartán esvaradío, charcos e liñas torcidas ou sen pintar

A fronte nacionalista reclama que o Concello corrixa de inmediato as deficiencias provocadas polas reparacións do firme diante do “grave risco” que supoñen para as e os atletas

Denuncia que os ximnasios municipais continúan con peches intermitentes

Filipe Abalde: “As pistas de Balaídos son un emblema do abandono que padece o deporte por parte do Goberno de Caballero, mentres a reforma integral continúa pendente desde 2009”

Ler novas
Novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama explicacións pola falla de seguro de accidentes no ximnasio do Berbés

Tacha de “aberrante” que se derivase a un usuario de 74 anos, que sufriu lesións nunha máquina, a un centro médico coa instrución de que mentise sobre o lugar do accidente

Alerta do “absoluto abandono” e de novos peches nas instalacións deportivas municipais

Filipe Abalde: “As viguesas e vigueses merecen uns ximnasios dignos, con horarios de apertura amplos, instalacións limpas, ben mantidas e con equipamentos seguros”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia un novo paso na privatización das instalacións deportivas municipais

Rexeita a privatización da apertura e peche do complexo deportivo de Samil coa mesma empresa que xestiona “de forma pésima e precaria” outros 18 centros deportivos

Anuncia un recurso de reposición para demandar que se atenda con persoal público

Xabier P. Igrexas: “As persoas usuarias e a veciñanza demandan mellor xestión pública das instalacións que son e deben seguir sendo públicas, non máis privatización”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo leva ao Pleno unha moción para esixir a fin do abandono das instalacións deportivas municipais

A fronte nacionalista propón reprobar o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, pola súa nefasta xestión e esixe do Goberno municipal medidas urxentes para paliar as deficiencias e garantir a apertura de todas as instalacións

Demanda a devolución das cotas abonadas polas persoas usuarias dos ximnasios do Carme, O Berbés e Samil, afectadas pola falla de servizo e reclama da Xunta que colabore no financiamento dun Plan de mellora deportiva

Xabier P. Igrexas: “Vigo non pode seguir aturando o desleixo dun Goberno municipal que abandona o deporte; merecemos instalacións deportivas dignas á altura da maior cidade de Galiza”

Ler novas
Novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a dimisión do concelleiro de Deportes se non soluciona o abandono dos pavillóns

A fronte nacionalista esixe actuacións urxentes ante as graves deficiencias nas instalacións deportivas municipais e poñer punto e final ao proceso de privatización

Reclama a devolución das cotas das persoas usuarias dos ximnasios do Carme, do Berbés e de Samil após os reiterados peches inxustificados das últimas semanas

Filipe Abalde: “As viguesas e vigueses non poden seguir aturando tanta incompetencia á fronte da política deportiva municipal”

Ler novas
Novas
Instalacións actuais do Club Halterofilia de Vigo en Samil

O BNG reclama unhas instalacións “axeitadas e seguras” para o Club de Halterofilia de Vigo

A fronte nacionalista urxe unha solución para este club de elite tras seis anos adestrando nun espazo “minúsculo” nos baixos do campo de Samil a causa das obras de Balaídos

Xabier P. Igrexas:  “O deporte de Vigo non merece o desleixo e total abandono dos últimos anos por parte do Concello en lugar de brindar todo o seu apoio aos clubs, grandes e pequenos, que son o verdadeiro motor da práctica deportiva na cidade”

Filipe Abalde: “As actuais instalacións só teñen de ximnasio o letreiro da porta e nin sequera contan con material deportivo, que facilita o propio club”

Ler novas
Novas
Xuntanza do BNG de Vigo coa AV Teis

O BNG de Vigo pide un novo convenio para a ETEA que garanta a titularidade municipal dos terreos e instalacións deportivas

A fronte nacionalista formula un voto particular fronte ao «disparate» defendido por Abel Caballero de desafectar e devolver a parcela e as instalacións deportivas á Zona Franca para pagar un canon anual de 130 mil euros

Xabier P. Igrexas: «Esta saída en falso vai supoñer un gravísimo prexuízo para a veciñanza, cando o Concello tiña que liderar a recuperación efectiva deste importante ámbito en Teis»

Ler novas