Novas
O BNG de Vigo presenta a súa folla de ruta para os vindeiros dous anos co obxectivo de converterse en forza determinante en 2023
15/xuño/2021
A fronte nacionalista pon en valor que son “a forza en ascenso” e traza as liñas de traballo “a pé de rúa” para “multiplicarse” en 2023 e empurrar unha alternativa en positivo fronte a “inercia anémica” da actual equipa de Goberno.
A Asemblea Local aberta do BNG vigués valorou “moi positivamente” o traballo realizado na primeira metade do mandato e que cristalizou en máis de 435 propostas e iniciativas.
Xabier P. Igrexas: “Un Goberno que coa maior maioría e co maior orzamento da historia da cidade, deixa sen gastar 6 de cada 10 euros dos investimentos presupostados, é a definición dun goberno aparencial e impotente”