O BNG de Vigo demanda “descentralizar” o Concello para rematar co abandono dos barrios e parroquias
O Bloque propón a creación de Consellos Veciñais para garantir unha xestión municipal equitativa e participativa
Critica que o Goberno municipal de Abel Caballero insista en concentrar o investimento “en actuacións monumentais para grandes inauguracións” mentres impón o abandono da meirande parte do territorio
Xabier P. Igrexas: “Ten que deixar de haber vigueses e viguesas de segunda, utilizando os recursos do Concello para atender toda a cidade e dar resposta ás necesidades da veciñanza viva onde viva”