perruquerías
Novas
AP9

O BNG de Vigo demandará no Pleno medidas fronte a crise industrial e comercial que vive a cidade

Propoñen a posta en marcha dun Plan de Reindustrialización, a intervención pública de Barreras, a creación dunha Mesa Galega da automoción, despregar unha liña de axudas municipais ao comercio e a hostalaría e rebaixar o IVE das perruquerías ao 10%.

Xabier P. Igrexas:  “Queremos poñer acima da mesa a principal preocupación das viguesas e os vigueses que é a situación económica, produtiva e laboral da cidade e pedir medidas concretas e reais para atallar os efectos desta crise”

Ler novas
Novas
perruquerias01

O BNG reclama en Vigo medidas de apoio ao sector das perruquerías, barberías e centros de estética

A deputada e portavoz de Comercio do BNG, Carmela González, urxe a rebaixa do IVE ao 10% para evitar o feche de estabelecementos e critica que PSOE  e Unidas Podemos votasen en contra desta medida na tramitación dos orzamentos xerais do Estado.

A fronte nacionalista demanda tanto de Xunta como de Concello que se despreguen axudas directas adaptadas a un sector que xa acumula perdas do 50% da súa facturación.

Xabier P. Igrexas: “Non se entende que o Goberno municipal de Abel Caballero queira destinar case 3 millóns de euros a subvencionar aeroliñas privadas pero que dedique cero euros a axudar ao tecido comercial da cidade”

Ler novas