Xabier P. Igrexas: “A conta atrás que lle importa ás familias traballadoras de Vigo son os días que faltan até a próxima factura da luz”
No mesmo día no que o alcalde activou a conta atrás do acendido do alumeado do nadal, o BNG volve reiterar a necesidade dun Plan de Choque contra a Pobreza Enerxética que afecta a máis de 19 mil fogares da cidade
A fronte nacionalista demanda unha liña de axudas extraordinarias para paliar o desorbitado prezo da luz, unha rede de apoio e asistencia á veciñanza fronte aos abusos das eléctricas e medidas que garantan o confort térmico para toda a cidadanía