remunicipalización
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que Abel Caballero pretende “estafar de novo a cidade” cunha nova prórroga da xestión privatizada da auga

Acusa ao Alcalde de faltar á súa palabra e de regalarlles outro gran negocio a Aqualia mentres Vigo paga o recibo da auga máis carod e toda Galiza

A fronte nacionalista defende poñer fin á privatización do servizo e no Pleno esixirá que a prórroga sexa “polo tempo imprescindíbel e nin un minuto máis” para que o Concello constitúa unha empresa pública municipal que asuma a xestión integral do ciclo da auga

Xabier P. Igrexas: “A remunicipalización permitiría priorizar o servizo público sobre o lucro privado, cunha mellor planificación, tarifas máis xustas e favorecendo a participación e o control cidadán sobre un ben esencial”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo defende a remunicipalización da auga para abaratar o recibo e mellorar a xestión

Pide crear un Grupo de Traballo no Concello para definir un novo modelo integral da xestión da auga e un novo sistema de tarifas fronte á “estafa imposta por Abel Caballero”

Denuncia o mal servizo da concesionaria privada con incidencias e cortes constantes

Xabier P. Igrexas: “A fin da prórroga de Aqualia abre a posibilidade de deixar atrás este modelo ineficiente e caro para poñer baixo xestión pública un ben imprescindíbel”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a Caballero menos selfies con Vitrasa e máis e mellor servizo de bus urbano

Denuncia que seguen sen facerse públicas as conclusións do ‘estudo sobre a demanda do transporte urbano colectivo’ cuxo prazo de entrega rematou en outubro de 2024

Volve reclamar explicacións polo aumento dun 90% no custo previsto na nova licitación

Xabier P. Igrexas: “Vigo merece un servizo de bus moderno, eficiente e plenamente público que dea alternativas reais e efectivas ao uso do vehículo privado”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, nun acto en Teis sobre o servizo de bus

O BNG de Vigo volve reclamar a remunicipalización do autobús urbano

A fronte nacionalista formula un voto particular, que se terá que debater e ditaminar no Pleno deste luns, avogando pola xestión directa a través da creación dunha Empresa Municipal de Transportes

Rexeita a pretensión de Caballero de manter a privatización a través dun “contrato de servizos”

Xabier P. Igrexas: “A remunicipalización garantirá o pleno control polo Concello, unha maior capacidade organizativa para adaptar o servizo ás necesidades da veciñanza e fará prevalecer o interese público”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo propón iniciar o proceso de remunicipalización dos servizos de auga e bus urbano

A fronte nacionalista demanda que se realice unha auditoría das actuais concesións, que se poña en marcha unha comisión de estudo e se constitúa Empresa Pública Municipal de Servizos

Xabier P. Igrexas: “O 2025 é un ano chave e unha grande oportunidade para a cidade, porque rematarán ás prórrogas das concesións de Aqualia e Vitrasa, para poder poñermos baixo xestión pública servizos públicos de carácter esencial”

Ler novas
Novas
O portavoz do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, apoiando unha concentración do persoal de Vitrasa nas portas do Concello de Vigo

O BNG esixe que o Concello interveña a concesión de Vitrasa ante os “graves incumprimentos” do servizo e das condicións laborais

A fronte nacionalista demanda tamén a apertura dun expediente de sanción contra a concesionaria de bus e que se inicien os trámites para a remunicipalización do servizo

Denuncia reducións de 72 viaxes diarias, instrucións da empresa para non recoller viaxeiros cando hai atrasos, incumprimentos das xornadas laborais e recortes salariais

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos poñer punto e final a esta tomadura de pelo e á barra libre da que goza Vitrasa coa complicidade do Goberno de Abel Caballero”

Ler novas