ria-de-vigo
Novas
Traballos de recheo no Berbés (imaxe: @vigovindeiro)

O BNG de Vigo insta ao alcalde a abandonar os “discursos impotentes” e actuar para paralizar o novo recheo no Berbés

A fronte nacionalista demanda despregar todas as accións institucionais, administrativas e mesmo xudiciais para frear o proxecto da Autoridade Portuaria de cementar 8.300 metros cadrados máis do litoral vigués.

Xabier P. Igrexas: “É momento de que o Concello de Vigo pase das declaracións e se comprometa de verdade, con feitos, en defender a nosa ría e o noso medioambiente”.

Ler novas
Novas
ria de vigo

O BNG demanda do Goberno español a anulación do informe de avaliación ambiental simplificada do Porto de Vigo

A través dunha iniciativa no Congreso do deputado Néstor Rego, demandan un proceso de avaliación ambiental ordinario que garanta a participación de entidades e colectivos.

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, formulou tamén alegacións no proceso de exposición pública reiterando a radical oposición a novos recheos portuarios na cidade.

Ler novas
Actualidade
naval02

O BNG responsabiliza a Feijóo do “bluff” de Pemex en Barreras e urxe medidas para reactivar o sector naval de Vigo

_O responsábel local do BNG, Serafín Otero, cualifica de “indignas” as explicacións dadas polo presidente da Xunta após a cancelación do segundo flotel.

_O deputado, Luís Bará, exixiu un cambio radical na política industrial da Xunta. “O PP quere seguir a subvencionar o despece de barcos, nós queremos que se constrúan máis”.

Ler novas