seguridade
Novas
Xabier P. Igrexas con representación sindical da CIG e da CUT nos bombeiros de Vigo

O BNG alerta do “recorte clandestino” do mínimo de bombeiros por xornada en Vigo

A fronte nacionalista denuncia unha redución de 37% da cobertura ordinaria dende o ano 2004, pasando de 24 efectivos a 15, que foi acordada sen negociación co propio persoal

Advirte de que case a metade das prazas de bombeiros están sen cubrir

Xabier P. Igrexas: “Esta decisión inxustificábel instala o servizo na precariedade e compromete a seguridade dos bombeiros e da cidadanía viguesa”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo dá 72 horas a Caballero para escoller: comparecencia voluntaria pola imputación do Saltamontes ou Pleno extraordinario

A fronte nacionalista reitera a esixencia realizada o pasado venres de que o alcalde dea explicacións públicas como máximo responsábel municipal

Reprocha que o PP “busque sacar rédito partidista cunha estratexia frívola e oportunista”

Xabier P. Igrexas: “É inconcibíbel que un feito tan grave e sen precedentes non provoque de maneira inmediata a comparecencia de Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Abel Caballero no Pleno de Vigo

O BNG esixe a comparecencia urxente de Caballero no Pleno de Vigo polo accidente do Saltamontes

Reclama que o alcalde dea explicacións públicas diante do “silencio” do Goberno local e reitera a petición de cese inmediato da concelleira de Seguridade tras a súa imputación

Demanda unha Comisión Especial de Investigación para depurar responsabilidades

Xabier P. Igrexas: “Cando un goberno cala diante dunha morte que podía evitarse, deixa de protexer á cidadanía para empezar a protexerse a si mesmo”

Ler novas
Novas
Foto: Adrián Irago

O BNG de Vigo esixe a Caballero que faga público o correo enviado á Policía Local sobre o Saltamontes

A fronte nacionalista considera “moi relevante” a declaración xudicial do Xefe da Policía Local na que asegurou que nunca recibiron instrución para inmobilizar a atracción, medida que tería evitado o accidente mortal nas festas de Matamá

Xabier P. Igrexas: “573 días despois a pregunta segue a ser a mesma: se a atracción non tiña autorización municipal, por que se permitiu que funcionase e por que non se precintou?”

Ler novas
Novas
HALO (imaxe: Concello de Vigo)

O BNG de Vigo pide reforzar a seguridade no HALO con pantallas acristaladas para evitar novas mortes

A fronte nacionalista chama a aplicar as medidas recollidas nas guías públicas de prevención do suicidio para dificultar o acceso aos bordos da pasarela

Alerta de que os 4 suicidios producidos desde a apertura do ascensor e outro desde a praza de Vialia, así como varios intentos que foron evitados, convérteno nun punto negro

Xabier P. Igrexas: “A estética do HALO non pode estar por acima da protección da seguridade física e da vida das persoas”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas coas instrucións de censura aos bombeiros de Vigo

O BNG de Vigo denuncia instrucións do Goberno de Caballero para censurar as críticas dos bombeiros

Revela un informe oficial que recolle medidas como prohibir a existencia de contas en redes sociais que aludan ao servizo así como a ameaza de expedientes disciplinarios

O documento ordena ao servizo de Administración Electrónica do Concello que actúe como “un Gran Irmán” para analizar cada mes as publicacións relacionadas en internet

Xabier P. Igrexas: “Estas ordes ilegais son propias de réximes totalitarios e aberrantes en termos democráticos para silenciar as denuncias polas deficiencias no servizo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo, e os acordos que desminte as mentiras de Caballero

O BNG de Vigo desminte Abel Caballero: “O seu Goberno fixou e mantén o mínimo de 20 bombeiros por día”

A fronte nacionalista retruca as declaracións do alcalde nas que nega que a cidade conte con menos efectivos dos necesarios, aportando o acordo da Xunta de Goberno de 2010 e o informe do xefe de Bombeiros de 2024 onde se estabelece esta dotación mínima

Xabier P. Igrexas: “Caballero ten que deixar de enganar e asumir a súa responsabilidade por ter recortado nos últimos anos un servizo esencial para a seguridade da cidade”

Ler novas
Novas
Manifestación dos bombeiros de Vigo en xuño de 2024

O BNG denuncia que Vigo leva case un ano sen contar co mínimo de 20 bombeiros en activo por día

Cualifica o programa de servizos voluntarios como "un parche insuficiente" e alerta de que que xa se teñan superado o máximo de horas extraordinarias fixadas por prevención

Este martes había só 15 bombeiros repartidos entre os parques de Teis e Esturáns

Xabier P. Igrexas: “A irresponsabilidade e pésima xestión de Caballero supón a xogar á ruleta rusa coa seguridade da cidade e do propio corpo de bombeiros”

Ler novas