Novas
O BNG de Vigo urxe rectificar o plan de tráfico e seguridade do nadal para “evitar unha desgraza”
12/dec./2022
A fronte nacionalista cualifica de “caos perigosísimo” as escenas vividas nos últimos días e reclama ao goberno de Caballero que tome medidas xa
Pide máis efectivos de Policía Local e Protección Civil, o reforzo do transporte público (tanto bus como taxi) e que se habiliten aparcamentos disuasorios nos accesos á cidade
Xabier P. Igrexas: “É evidente que tanto o plan de tráfico como as previsións en materia de seguridade son un fiasco absoluto”