Actualidade
O BNG comprométese a mellorar o servizo de autobús urbano para “revolucionar a cidade cunha mobilidade do século XXI”
10/abr./2019
O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, demanda unha mellora do servizo co aumento de frecuencias, redución dos tempos de viaxe, e un novo mapa de liñas para conectar mellor “toda a cidade, non só o centro” e infraestruturas como o HAC, as estacións de tren, o CUVI ou o aeroporto.
A formación nacionalista vai facer do transporte colectivo “unha aposta estratéxica e da máxima importancia” no seu programa electoral para “avanzar cara unha mobilidade máis sostíbel e humana que revolucione a cidade para mellor”.