Novas
O BNG oponse a que se prohiba circular a patinetes eléctricos nalgunhas rúas de Vigo
13/xan./2022
A fronte nacionalista presenta emendas para mellorar o proxecto de ordenanza municipal sobre a utilización de Vehículos de Mobilidade Persoal na cidade.
Xabier P. Igrexas: “Non se trata de blindar o espazo urbano para os coches, senón de facilitar con todas as garantías de seguridade o uso doutras modalidades de transporte”.