Veloso: A licenza para o centro comercial no edificio Bandeira é unha oportunidade perdida"
Nun reparto informativo celebrado no Calvario, a portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, destacou que a concesión da licenza municipal para a apertura dun centro comercial no edificio Bandeira é unha oportunidade perdida para O Calvario e para toda a cidade. A nacionalista defendeu o uso público deste espazo, tal e como xa propuxo o Bloque o ano pasada nas alegacións presentadas ao proxecto construtivo e que foron desestimadas.
Consideramos que o emblemático edificio Bandeira é o lugar idóneo para albergar un centro sociocultural que sirva para o desenvolvemento do barrio, salientou Iolanda Veloso ao respecto, ao lembrar que o mantemento de dotación sociais e culturais e unha demanda histórica do barrio.
Lembrou que precisamente a presión sobre o prezo dos inmobles destinados a usos culturais fixo que desapareceran espazos como a Cultural de Río Mao ou a Asociación Cultural e Deportiva do Calvario. Pola contra, resaltou que a apertura no mandato anterior da biblioteca Neira Vilas tentou das resposta ás necesidades da zona.
Consecuencias para o comercio
A portavoz nacionalista puxo de relevo asemade as consecuencias prexudiciais que terá a instalación deste centro comercial para o pequeno e mediano comercio do barrio, tendo en conta especialmente a difícil situación pola que atravesa o sector. O BNG sigue mantendo que este Ben de Interese Cultural debe contar con usos públicos, e así o seguiremos demandando ás diferentes administracións, subliñou.