O BNG denuncia que os reiterados fallos na PassVigo impiden a gratuidade do bus para as persoas menores de 15 anos
Critica a inacción de Vitrasa e demanda ao Goberno municipal que tome medidas ante incidencias que provocan cobros indebidos nun servizo que debe ser gratuíto
Xabier P. Igrexas: “O que debera ser unha medida positiva como a gratuidade do bus para menores de 15 anos, que foi longamente reclamada polo BNG, converteuse nunha especie de tómbola por culpa de fallos técnicos que non se corrixen”