Pór Galiza a producir para xerar emprego
30 nov. 2012 - 15:34
Gobernemos nós os nosos recursos porque Galiza é un país rico, temos o naval máis punteiro, somos potencia pesqueira, temos o mellor agro e un grande potencial en I D. O proxecto do BNG pasa porque Galiza teña presenza propia en Bruxelas para defendelos. A opción do PP é supeditar calquera decisión sobre os nosos sectores produtivos aos intereses de Madrid e Bruxelas. Tamén gobernemos nós a nosa enerxía, o proxecto do BNG inclúe unha tarifa eléctrica galega en beneficio dos consumidores.