Máis democracia: nin un paso atrás nos dereitos e as liberdades
13 dec. 2012 - 15:51
O autogoberno como garantía de dereitos e liberdades. Para poder legar unha lingua, unha cultura con manifestación diversas e plurais, un espazo de recoñecemento das diferenzas en igualdade de oportunidades non podemos consentir o esnaquizamentos de dereitos conseguidos polas xeracións que nos precederon. O proxecto de país do BNG non permitirá recortar en igualdade e soberanía e será un proxecto aberto e construído entre todos, por iso propomos unha Lei de Consultas Populares. Máis soberanía, máis capacidade para gobernar nós a nosa terra, é maior benestar.