A-55
Novas
Acción do BNG en Puxeiros para reclamar unha A-55 segura

O BNG chama a corrixir o trazado “mortal” da A-55

A fronte nacionalista realiza unha acción simbólica para reclamar que se tomen medidas para garantir a seguridade nesta vía con elevados índices de sinistralidade.

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncia que Abel Caballero quere “vestir de nova autovía a imposición do vial PO-010” e reitera a demanda do Bloque para liberar de peaxes no conxunto da AP-9.

O portavoz nacionalista en Mos, Gustavo Barcia, subliña que a modificación do trazado é unha demanda histórica que os sucesivos gobernos españois, de PP e PSOE, continúan a ignorar malia os compromisos adquiridos.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno municipal de Vigo

O BNG acusa o alcalde de Vigo de querer silenciar a oposición veciñal ao novo vial de Beade cun Pleno extraordinario pola A-55

A fronte nacionalista presenta un recurso de reposición para esixir a presenza de público na sesión plenaria, dentro das normas sociosanitarias, fronte á decisión do alcalde de Vigo de celebralo a porta fechada sen xustificación legal.

Xabier P. Igrexas: “É evidente que estamos diante dun debate farsa co que Caballero pretende invisibilizar o masivo rexeitamento social ao proxecto de novo vial PO-010, que ameaza con tronzar parte moi importante das parroquias rurais da nosa cidade”.
Ler novas