área metopolitana
Novas
Brais Ruanova e Carmela González (candidato 7 e candidata 5) e o Xabier P. Igrexas (portavoz municipal do BNG de Vigo)

O BNG garante o impulso da Área Metropolitana de Vigo fronte á “parálise por intereses partidistas” de PP e PSOE

A fronte nacionalista chama a mudar a actual confrontación pola cooperación entre os 14 concellos para desenvolver servizos como transporte, xestión de residuos ou emerxencias

Carmela González: “As 540 mil persoas que viven na área metropolitana de Vigo merecen un Goberno galego que sume esforzos entre administracións para mellorar as súas vidas”

Xabier P. Igrexas: “Un Vigo con futuro non pode ser unha cidade amurallada, a nosa cidade ten que liderar a súa realidade metropolitana dende o diálogo”

Ler novas
Novas
Ana Pontón con candidatas/os do BNG da área metropolitana de Vigo

Ana Pontón coloca o BNG como garante do impulso para a área metropolitana de Vigo

Ante a confrontación, a política responsable do Bloque para mellorar a vida dunha poboación de 540.000 persoas desde a cooperación entre concellos

Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía: “Vigo ten que liderar desde a cooperación”

O BNG presenta un decálogo de prioridades para desbloquear a área metropolitana en ámbitos como a mobilidade, economía ou infraestruturas

Ler novas
Novas
O candidato do BNG, Xabier P. Igrexas, no almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galiza

O BNG defende que Vigo asuma o seu papel como maior cidade de Galiza converténdose no "motor de todo un País"

O candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo trasladou as principais propostas do proxecto “aberto e positivo” do Bloque nun almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galiza

Chama a poñer fin á “incalculábel débeda histórica” da Xunta e do Goberno español coa cidade, en cuestións estratéxicas como a conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto

Xabier P. Igrexas: “Temos que desenvolver as enormes potencialidades da cidade, blindando o futuro de actividades industriais estratéxicas e avanzando como cidade universitaria para nos converter na capital galega do futuro”

Ler novas