auga
Novas
Corte de auga en Martínez Garrido

O BNG de Vigo di basta ao lamentábel servizo de subministro de auga e esixe unha auditoría da rede e un plan urxente de investimentos

A fronte nacionalista denuncia os reiterados cortes de auga nas últimas dúas semanas na contorna de Martínez Garrido

Critica que malia ter o recibo máis caro de toda Galiza a veciñanza en moitos barrios e parroquias recibe un “servizo lamentábel que non garante que ao abrir a billa saia auga”

Xabier P. Igrexas: “Na ‘mellor cidade para vivir’, da que tanto presume Abel Caballero, hai miles de veciñas e veciños que nin sequera teñen garantido algo tan básico como o subministro de auga”

Ler novas
Novas
Encoro de Eiras

O BNG de Vigo urxirá no Pleno que a Xunta substitúa as válvulas avariadas en Eiras e realice unha auditoría integral do estado do encoro

A través dunha emenda a unha moción do grupo municipal socialista, demandarán tamén a creación dunha Comisión Mixta Xunta-Concello para garantir a cooperación interadministrativa en relación ao subministro de auga 

Xabier P. Igrexas: “Non chega con pedir o cesamento dunha conselleira, as viguesas e vigueses o que queren é que o Pleno acorde solucións e achegue garantías sobre algo tan básico como a auga de beber”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que Abel Caballero pretende “estafar de novo a cidade” cunha nova prórroga da xestión privatizada da auga

Acusa ao Alcalde de faltar á súa palabra e de regalarlles outro gran negocio a Aqualia mentres Vigo paga o recibo da auga máis carod e toda Galiza

A fronte nacionalista defende poñer fin á privatización do servizo e no Pleno esixirá que a prórroga sexa “polo tempo imprescindíbel e nin un minuto máis” para que o Concello constitúa unha empresa pública municipal que asuma a xestión integral do ciclo da auga

Xabier P. Igrexas: “A remunicipalización permitiría priorizar o servizo público sobre o lucro privado, cunha mellor planificación, tarifas máis xustas e favorecendo a participación e o control cidadán sobre un ben esencial”

Ler novas
Novas
Encoro de Eiras

O BNG de Vigo esixe a Xunta e Concello que deixen de “xogar irresponsabelmente coa auga de beber”

A fronte nacionalista reclama de ambas as dúas administracións que cooperen para substituír as dúas válvulas defectuosas en Eiras e pide unha auditoría integral do encoro

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, critica que o conflito entre PP e PSOE “se podería confundir cun guión de Groucho Marx se non estivese en xogo algo tan básico como o subministro de auga para 400 mil persoas”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo defende a remunicipalización da auga para abaratar o recibo e mellorar a xestión

Pide crear un Grupo de Traballo no Concello para definir un novo modelo integral da xestión da auga e un novo sistema de tarifas fronte á “estafa imposta por Abel Caballero”

Denuncia o mal servizo da concesionaria privada con incidencias e cortes constantes

Xabier P. Igrexas: “A fin da prórroga de Aqualia abre a posibilidade de deixar atrás este modelo ineficiente e caro para poñer baixo xestión pública un ben imprescindíbel”

Ler novas
Novas
Encoro de Eiras nos últimos días (imaxe_Atlantico diario)

O BNG de Vigo esixe aplicar medidas urxentes ante a crise de auga nos encoros

Alerta de que nos últimos 40 días Eiras reduciu a súa capacidade en 20 puntos porcentuais e da moi escasa previsión de choivas nas vindeiras semanas

Demanda que se aplique a suspensión temporal, pero con carácter total, dos regadíos de zonas axardinadas e do baldeo de rúas con auga da traída e que se apliquen medidas para conter os grandes consumos industriais

Xabier P. Igrexas: "É imprescindíbel actuar con urxencia para protexer un ben esencial como a auga"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG emenda a suba xeral dos impostos de Caballero para unha “fiscalidade máis xusta” en Vigo

Rexistra 60 emendas ao proxecto de ordenanzas fiscais para 2026 diante da pretensión do alcalde de subir un 4% as taxas por terceiro ano consecutivo

Defende unha fiscalidade municipal progresiva ampliando as bonificacións e exencións

Diante da “navallada” do recibo do lixo propoñen reducir as tarifas até nun 18% e piden poñer fin ao “calote” do recibo da auga

Xabier P. Igrexas: “Fronte á tortura fiscal do Goberno, o BNG propomos unha alternativa para evitar que a veciñanza pague cada vez máis a cambio de menos”

Ler novas