O BNG de Vigo pide rectificar as bases das axudas municipais para emprego nas entidades sen ánimo de lucro
Reclama ao Goberno de Caballero que atenda as demandas do tecido asociativo para garantir que as subvencións permitan crear e consolidar “emprego estábel e de calidade”
Avanza a presentación dun recurso de reposición pola falla de resposta do Executivo local
Xabier P. Igrexas: “Estas bases poden provocar o efecto contrario ao que anuncian: máis dificultades e precariedade e menos capacidade para desenvolver proxectos”