O BNG de Vigo esixe explicacións do PSOE polo escándalo de corrupción do alcalde pedáneo de Bembrive
A fronte nacionalista reclama que o presidente local dos socialistas, Abel Caballero, dea a cara ante a causa xudicial aberta contra Marcos Castro, designado como pedáneo co “patrocinio persoal” do alcalde de Vigo.
Xabier P. Igrexas: “Os 250 mil euros que o actual alcalde pedáneo tería adxudicado de maneira ilegal é case o equivalente á transferencia que o Concello de Vigo remite cada ano para o financiamento da Entidade Local Menor de Bembrive”.