calvario
Novas
Encontro aberto do BNG Vigo no Calvario

O BNG de Vigo inicia no Calvario unha rolda de encontros abertos coa veciñanza de todos os barrios e parroquias

A fronte nacionalista realizará xuntanzas para recoller propostas e dar a coñecer as ideas forza que definen a alternativa en positivo coa que pretenden levar “Vigo máis alá”

Xabier P. Igrexas: “Fronte a quen só pode ofrecer máis do mesmo, o BNG tendemos a man a todas as viguesas e vigueses que saben e que senten que a cidade merece máis a trazarmos xuntas un novo horizonte ilusionante para a maior cidade de Galiza, cun proxecto tan sólido como aberto”

Ler novas
Novas
Roterio do BNG de Vigo pola historia do Calvario

O BNG de Vigo reivindica no Calvario un modelo de cidade máis “habitábel, natural e coas persoas no centro”

A fronte nacionalista pon en valor a transformación do barrio como parte das peonalizacións realizadas durante a alcaldía do BNG, en contraposición co “remozado superficial” de rúas que promove o actual goberno.

Organiza un roteiro pola historia do Calvario “para non perder a perspectiva diante dun Caballero que teima en presentar a súa chegada á alcaldía como o ano cero en Vigo”

Xabier P. Igrexas: “Humanizar é moito máis que alargar un pouco as beirarrúas, ou instalar uns cantos bancos. Humanizar é democratizar o espazo público”.

Ler novas
Actualidade
centro cívico calvario

Vigo para as persoas

Demandamos que o futuro Centro Cívico inclúa entre os seus servizos un auditorio de tamaño medio, unha ludoteca, espazos multiusos, unha sala de ensaio para grupos musicais, un espazo xuvenil, unha sala de exposicións e un centro municipal de internet. Entendemos necesario que albergue unha Oficina municipal de distrito (que permita a realización de xestións e recibir información municipal) e que sexa sede dun centro de información dos dereitos das mulleres.

Ler novas