O BNG defende un sistema público galego de coidados con máis recursos para atender a discapacidade
A fronte nacionalista compromete a creación dunha Lei galega para as persoas con discapacidade, o 10% das galegas e galegos, elaborada en diálogo coas entidades do sector
Carmela González: “O cambio galego non vai deixar a ninguén atrás, cunha Galiza sen barreiras na que as persoas con discapacidade teñan garantidos todos os seus dereitos”
Xabier P. Igrexas: "Fronte ao modelo asistencialista do PP, dende o BNG apostaremos por un modelo de xustiza social e inclusión con políticas que poñan ás persoas no centro”