cooperación
Novas
Brais Ruanova e Carmela González (candidato 7 e candidata 5) e o Xabier P. Igrexas (portavoz municipal do BNG de Vigo)

O BNG garante o impulso da Área Metropolitana de Vigo fronte á “parálise por intereses partidistas” de PP e PSOE

A fronte nacionalista chama a mudar a actual confrontación pola cooperación entre os 14 concellos para desenvolver servizos como transporte, xestión de residuos ou emerxencias

Carmela González: “As 540 mil persoas que viven na área metropolitana de Vigo merecen un Goberno galego que sume esforzos entre administracións para mellorar as súas vidas”

Xabier P. Igrexas: “Un Vigo con futuro non pode ser unha cidade amurallada, a nosa cidade ten que liderar a súa realidade metropolitana dende o diálogo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas coa Coordinadora Galega ONGD

O BNG defende un maior compromiso do Concello de Vigo en materia de cooperación internacional

A fronte nacionalista comprométese a aumentar a asignación orzamentaria para programas de cooperación, reactivar o Consello Local de Cooperación, reincorporar ao Concello no Fondo Galego e recuperar o proxecto de sensibilización ‘Impórtanos’, tras manter unha xuntanza coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

Xabier P. Igrexas: “O mellor antídoto fronte á ameaza reaccionaria que alenta a ultradereita é fortalecer o noso compromiso en favor da xustiza social e dos dereitos humanos”

Ler novas