Actualidade
O BNG pide debates entre os candidatos e candidatas para explicarlle á veciñanza os proxectos de cidade que se medirán nas urnas o 26M
06/maio/2019
O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, dirixiu unha carta á presidenta da Asociación da Prensa de Vigo trasladándolle a súa “disposición total e absoluta” a participar en todos os debates que se organicen.
“Os debates son unha necesidade democrática, unha obriga para as forzas políticas, pero sobre todo un dereito da cidadanía para coñecer as alternativas sobre as que vai ter que decidir”, defende o candidato nacionalista.