O BNG de Vigo critica que o alcalde só lle ofreza ao comercio “banda sonora en modo orquestra do Titanic” en lugar de axudas directas
A fronte nacionalista insiste en demandar que se poña en marcha unha liña de axudas ao pequeno e mediano comercio e a hostalaría.
Xabier P. Igrexas: “ Está moi ben que haxa música na rúa e que se reactiven as actividades culturais nos barrios, pero o que precisa o pequeno e mediano comercio son axudas de verdade ”.