O BNG de Vigo reclama unha moratoria de 10 anos na apertura de novas grandes áreas comerciais
Alerta da “desertización” do comercio de proximidade mentres se aproban novos macrocentros, como os proxectos de Cruceiro, Recaré e o parque comercial en Valadares
A cidade vai contar cun 150% máis de superficie para grandes áreas cando 1 de cada 4 establecementos do pequeno e mediano comercio pecharon durante a última década
Xabier P. Igrexas: “Este modelo comercial é absolutamente irracional, insustentábel e só beneficia a grandes compañías e firmas transnacionais”