BNG Vigo
21/abr./2021
Xabier P. Igrexas: “As viguesas e os vigueses non comen con anuncios nin promesas de grandes proxectos. O Concello ten que mobilizar todos os recursos e capacidades que ten en favor de crear emprego digno, estábel e con dereitos na nosa cidade”.
A fronte nacionalista demandou hoxe, na Comisión Informativa de Emprego, a modificación das bases de axudas a entidades non lucrativas, dentro do Plan Municipal de Emprego, para as facer máis accesíbeis e útis.
Denuncian a inexecución polo Goberno municipal da meirande parte das partidas orzamentarias destinadas a programas de inserción laboral.