escolas infantís
Novas
Filipe Abalde (concelleiro), Xabier P. Igrexas (portavoz municipal), Brais Ruanova (candidato) e Nuno Galán (Galiza Nova)

O BNG compromete 5 novas escolas infantís da Xunta en Vigo: “Hoxe 2 de cada 3 solicitudes quedan sen praza”

A fronte nacionalista avanza a ampliación da rede pública de escolas infantís de Galiza co compromiso de crear mil novas prazas no primeiro ano dun Goberno de Ana Pontón

Asegura o sostemento das 9 escolas infantís municipais en Vigo con financiamento do Goberno galego e a posta en marcha dun servizo de coidado de menores a domicilio

Brais Ruanova: “Este compromiso está avalado polos feitos, pois foi a acción de goberno do BNG desde a Xunta quen multiplicou por cinco a rede pública de escolas infantís”

Ler novas
Novas
xabier p

O BNG denuncia que os orzamentos da Xunta insisten no abandono co que o PP castiga Vigo desde hai unha década

Xabier P. Igrexas: “Estas contas desatenden necesidades urxentes, demoran a posta en marcha de proxectos importantes e queren perpetuar o modelo privatizador e de recortes que converteu a principal cidade de Galiza na zona cero da desfeita sanitaria”

A fronte nacionalista traballa xa en emendas para esixir un aumento substancial do investimento nas contas de 2022, que responda ás demandas veciñais, como un novo instituto no barrio de Navia, así como á grave crise industrial e laboral que atravesa Vigo.

Ler novas