O BNG de Vigo esixe que o Goberno municipal actúe para resolver a situación límite do corpo de bombeiros
- Despois de que a única resposta do executivo á convocatoria de folga para este 14 de agosto teña sido adiar a negociación cos sindicatos até setembro, o portavoz nacionalista, Xabier P. Igrexas, advirte a concelleira de Seguridade, Elena Espinosa de que “non é momento de coller vacacións, é momento de exercer as súas responsabilidades”.
- O BNG volve reclamar que se informe dos cuadrantes de servizo desde o 1 de xaneiro de 2019 para que a cidade saiba durante cantas xornadas o Concello incumpre o mínimo de 20 efectivos operativos comprometendo a seguridade das viguesas e os vigueses.