Novas
O BNG de Vigo reclama o mantemento das dúas liñas de educación infantil no CEIP Frián Teis
28/xul./2021
A deputada, Alexandra Fernández, anunciou a presentación de iniciativas no Parlamento galego contra un recorte “inxusto e inxustificado” que compromete o futuro do centro educativo.
Xabier P. Igrexas: “A Xunta ten que cesar no seu continuado ataque contra o ensino público en Vigo mentres seguen a transferir máis e máis recursos aos centros privados e concertados”.