galegas2024
Novas
Xabier P. Igrexas (no centro), coas deputadas Carmela González, Alexandra Fernández e Brais Ruanova en primeira fila

Xabier P. Igrexas: “Este resultado histórico do BNG demostra que Vigo non quere máis do mesmo e será o motor do cambio en Galiza”

A fronte nacionalista reivindica o “salto de xigante” como primeira forza en Vigo con 56.820 votos e un incremento do 14% que permitiu derrotar o PP na maior cidade galega

O Bloque comprométese a defender Vigo “con aínda máis forza” no Parlamento galego contando por primeira vez con 3 deputadas e deputados da cidade: Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova

O portavoz municipal destaca que o BNG case duplicou o resultado do candidato fake Abel Caballero, a quen desautorizaron as viguesas e os vigueses nas urnas este domingo

Ler novas
Novas
Brais Ruanova, Ana Pontón, Alexandra Fernández e Carmela González

O BNG chama a concentrar o voto en Vigo: “Se a nosa cidade empurra, o cambio galego será imparábel coa presidencia de Ana Pontón”

A candidatura viguesa do Bloque lanza un vídeo no peche da campaña electoral do 18F poñendo en valor o peso de Vigo para facer realidade a mudanza no Goberno da Xunta: “Que ningún voto quede nada casa, que ningún voto se perda este domingo”

Reivindican a papeleta do BNG como garantía da fin dos recortes e privatizacións na sanidade pública, do impulso produtivo e industrial na cidade e da vivenda como dereito

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Brais Ruanova no centro de saúde de Casco Vello

O BNG compromete máis recursos para atender a saúde mental: “Hai máis suicidios que psicólogos na sanidade pública”

A fronte nacionalista reforzará o persoal na Atención Primaria, onde 1 de cada 3 consultas están relacionadas coa saúde mental, e que acumula listas de agarda de até un ano

Brais Ruanova: “Este 18F temos a grande oportunidade de que a saúde mental deixe de depender da nosa conta bancaria para ser unha auténtica prioridade na sanidade pública”

O portavoz municipal Xabier P. Igrexas alerta de que a área sanitaria de Vigo rematou 2023 cun récord de case 70 mil consultas psiquiátricas e un 20% máis de ingresos hospitalarios relacionados coa saúde mental

Ler novas
Novas
Carmela González e Xabier P. Igrexas durante un reparto informativo en Príncipe

O BNG promoverá políticas reais para combater a pobreza e o empobrecemento

A fronte nacionalista recuperará a Tarxeta Básica, porá en marcha un Plan de erradicación do chabolismo e a infravivenda ofrecendo alternativas habitacionais dignas ás persoas sen fogar e reforzará os servizos sociais comunitarios

Carmela González: “Unha Xunta presidida por Ana Pontón non vai deixar a ninguén atrás e reforzará con máis medios as políticas públicas que permitan unha verdadeira inclusión social”

Xabier P. Igrexas: “Hai que acabar coas escasas políticas de caridade asistencialista do Partido Popular para poñer en marcha políticas de verdadeira xustiza social”

Ler novas
Novas
Alexandra Fernández nun mitin do BNG en Coia

O BNG declarará Vigo como cidade tensionada da vivenda para frear o “brutal aumento” dos alugueiros

A fronte nacionalista compromete tamén a promoción de vivenda pública, mobilizando inmóbeis baleiros, limitando o uso turístico e despregando axudas á emancipación da mocidade e para as familias vulnerábeis

Alexandra Fernández: “O PP dinamitou durante 15 anos na Xunta as políticas públicas de vivenda, deixando en mans da especulación este dereito básico”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo no Pleno

O BNG reclama que a Xunta financie a bancada de Gol mais afea que Caballero use o Pleno de Vigo como “arma electoral”

O portavoz municipal nacionalista critica que o alcalde convoque unha sesión extraordinaria a menos dunha semana das eleccións galegas cando se ausenta reiteradamente das ordinarias para ir de tertuliano a televisións en Madrid

Lamenta que Caballero non teña promovido Plenos cando o Goberno de Pedro Sánchez dixo que non a proxectos chave para a cidade como a Saída Sur, o tren de cercanías ou a fábrica de baterías

Xabier P. Igrexas: “O BNG sempre estamos do lado da cidade, goberne quen goberne aquí, en Santiago ou en Madrid, algo que outros non poden dicir”

Ler novas