O BNG volve pedir o rescate da concesión do Álvaro Cunqueiro para garantir un hospital cen por cen público
- O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, cualifica de “ruinoso” para o erario público o modelo imposto polo Partido Popular e que o ano pasado custou 75 millóns de euros ao Sergas.
- Lembran que o hospital privatizado case triplicará o seu custo cando remate a concesión de 20 anos e rexeitan que a UTE demande máis diñeiro público.