laicismo
Novas

O BNG de Vigo afea a axilidade de Caballero para subvencionar a Igrexa Católica mentres ten sen convocar as bolsas dos comedores escolares

A fronte nacionalista critica que no que vai de ano o Goberno municipal xa teña destinado máis de un cuarto de millón de euros a unha confesión relixiosa, mentres millares de familias fican na incerteza de saber se poderán levar ou non as súas crianzas ao comedor escolar

Xabier P. Igrexas: “Que pensa facer o Goberno municipal para evitar que crianzas que precisan do servizo de comedor queden sen el por non saber se van recibir a beca deste curso? Esperemos que sexa algo máis que enviarlles unha estampa do Cristo da Vitoria, porque de procesións non se come”

Ler novas
Novas

Xabier P. Igrexas: «Ver cargos públicos nunha procesión é máis propio do medievo que do século XXI»

O portavoz municipal do BNG de Vigo volve criticar a presenza de representantes públicos nos actos relixiosos e rexeita o financiamento público de procesións

Ningún nin ningunha representante institucional do BNG participará da procesión do Cristo da Vitoria e desde a fronte nacionalista avogan por avanzar na separación entre as institucións públicas e as confesións relixiosas

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo critica a presenza institucional do Concello nas procesións

A fronte nacionalista rexeita tamén que se siga a subvencionar con decenas de millares de euros de diñeiro público actos relixiosos

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “A mellor maneira de garantirmos o dereito de toda a cidadanía de crer no que quixer, e tamén de non crer, pasa pola neutralidade e estrita separación das institucións públicas e democráticas das confesións relixiosas”

Ler novas
Novas
rolda bng 01

O BNG de Vigo rexeita que se financie con diñeiro público a instalación de símbolos relixiosos na cidade

Para a fronte nacionalista subvencionar con 107 mil euros a instalación dunha macroescultura do Sagrado Corazón de Xesús na Guía, non é compatíbel co principio democrático de aconfesionalidade das administracións públicas.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero vai facer que todos os vigueses e viguesas, católicas ou non, crentes ou non, paguemos a instalación dun símbolo relixioso de case 5 metros de altura e 7 toneladas de peso”.

Defenden que o barrio de Teis ten “necesidades máis importantes” e chaman ao Bispado a reflexionar sobre se a prioridade neste contexto de crise social ten que ser a instalación do Sagrado.

Ler novas