lectura
Novas

O BNG propón unha Semana da Literatura para converter Vigo na grande cidade galega do libro

A fronte nacionalista demanda máis compromiso do Concello coa promoción da lectura e un maior apoio ao sector editorial e ás librarías da cidade

Chama a potenciar a actual Feira do Libro, convocar un certame literario municipal e promover a organización dun Forum Editorial con vocación internacional

Ana Martínez: “De pouco serve gabarnos do vizoso sector editorial de Vigo ou das nosas grandes autoras e autores, se ese orgullo non se traduce en políticas públicas”

Ler novas
Cultura e Lingua
Xabier P. Igrexas en rolda de prensa no Concello de Vigo

O BNG propón un Plan Municipal de Promoción da Lectura en Vigo que inclúa unha rede de bibliotecas nos barrios

A fronte nacionalista recorda que a última biblioteca pública inaugurada na cidade foi impulsada polo BNG en 2011, e desde aquela o Concello só abriu tres salas de lectura.

Solicita un mínimo de 20 bibliotecas municipais, para cumprir as recomendacións dos organismos internacionais, comezando coa demandada pola veciñanza de Teis.

Xabier P. Igrexas: "A lectura é a porta de entrada á cultura e as bibliotecas son un potente instrumento para democratizar o acceso ao coñecemento das clases populares e traballadoras".

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo pide a Caballero un compromiso real en favor do libro e da lectura en lugar de “palabras ocas”

A fronte nacionalista demanda que se retome a posta en marcha dunha Rede Municipal de Bibliotecas, iniciada en 2011 coa Neira Vilas no Calvario, un Plan local de promoción da lectura e axudas ás librarías da cidade.

Xabier P. Igrexas: “As salas de lectura de Caballero son espazos diáfanos, que parecen sacados dun catálogo de Ikea, que só teñen mesas e cadeiras, pero nas que non hai nada que ler”.

Ler novas
Goberno local
libros

O BNG de Vigo demanda a posta en marcha dun Plan Municipal de Animación á Lectura

  • A fronte nacionalista reclama tamén que o Goberno municipal colabore, destinando os recursos necesarios, para que os espazos e salas de lectura existentes nos centros veciñais e culturais da cidade fiquen abertos e accesíbeis a toda a veciñanza.
  • O concelleiro Xabier P. Igrexas chama a avanzar en facer de Vigo “unha cidade lectora” e defende o libro como “chave e porta de entrada á Cultura”.
Ler novas