mobilidade
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo pide a Caballero menos selfies con Vitrasa e máis e mellor servizo de bus urbano

Denuncia que seguen sen facerse públicas as conclusións do ‘estudo sobre a demanda do transporte urbano colectivo’ cuxo prazo de entrega rematou en outubro de 2024

Volve reclamar explicacións polo aumento dun 90% no custo previsto na nova licitación

Xabier P. Igrexas: “Vigo merece un servizo de bus moderno, eficiente e plenamente público que dea alternativas reais e efectivas ao uso do vehículo privado”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo pide reforzar o control de acceso de vehículos na peonil do Calvario

A fronte nacionalista demanda unha maior vixilancia ante as denuncias veciñais que alertan dun aumento do tráfico neste espazo a pesar das limitacións e prohibicións

Xabier P. Igrexas: “No BNG apostamos por estender o modelo de éxito do Calvario para construírmos un novo Vigo no que a cidade deixe de ser dos coches para ser de todas as veciñas e veciños”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas_portavoz municipal BNG Vigo

O BNG de Vigo critica a complicidade por inacción de Caballero coa “piratería” de Uber

A fronte nacionalista solicita a convocatoria urxente do Consello Sectorial de Transportes do Concello para atallar definitivamente a situación ilegal que se está a producir

Insiste en demandar a aplicación de medidas urxentes contra a empresa VTC que opera sen autorización

Xabier P. Igrexas: “Sete días despois de que Uber comezase a actuar de maneira pirata en Vigo, o Goberno municipal non moveu un dedo”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo esixe a paralización da torre de control remota en Peinador polos riscos á seguridade e os fallos detectados

Alerta de que os fallos técnicos rexistrados durante as probas confirman os riscos desta tecnoloxía e denuncia que Aena só procura precarizar aínda máis un servizo esencial como é control aéreo

A fronte nacionalista demanda do alcalde, Abel Caballero, que rompa o seu “silencio cómplice” e se dirixa ao Goberno español para esixir a paralización da torre remota e que se garanta o control presencial

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que Peinador se converta nun laboratorio de probas para un modelo que prioriza o lucro de Aena e empresas como Saerco por riba da seguridade e do servizo público”

Ler novas
Novas

PP e PSOE rexeitan a liberalización da AP-9, defendida polo BNG, como alternativa máis sustentábel á prolongación da A-52

Néstor Rego critica o voto en contra do PSOE á iniciativa do BNG, que procuraba unha solución máis racional e adaptada ás necesidades reais da Galiza

O deputado do BNG sinala a abstención do PP como o exemplo claro da súa incoherencia: “Na Galiza defende unha cousa e en Madrid a contraria”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal BNG Vigo

O BNG desmonta as falsidades de Caballero sobre a nova A-52: “A alternativa é liberar de peaxe a AP-9”

A fronte nacionalista acusa o alcalde de “inventar datos e tempos” para xustificar a ampliación da autovía e rexeitar a liberación da autoestrada como solución á sinistralidade da A-55

Afea o desprezo do rexedor cara as decenas de miles de veciñas e veciños que formularon alegacións ao proxecto diante dos graves impactos sobre o rural vigués

Xabier P. Igrexas: “Caballero quere que, durante seis anos como mínimo, teñamos que seguir escollendo entre xogarnos a vida pola actual autovía ou pagar peaxes"

Ler novas
Novas
Perímetros proxectados polo Goberno de Caballero para ZBE

O BNG pide abrir o debate sobre as ZBE en Vigo ante as “falsidades” de Caballero sobre as multas

A fronte nacionalista urxe convocar os Consellos Sectoriais de Transportes e Medio Ambiente para contar cunha ampla participación á hora de definir a ordenanza reguladora

O Bloque defende unha alternativa integral de ZBE con medidas como a mellora do bus urbano en lugar do sistema de sancións por tipo de vehículo que prepara o Goberno local

Xabier P. Igrexas: “Avanzar cara unha cidade máis sustentábel pasa por reducir o uso do coche privado, en lugar de discriminar a quen non se pode permitir un híbrido ou eléctrico”

Ler novas
Novas
Reunión BNG con Bembrive en Pé e Defende Mos polo proxecto de autovía A52

BNG exixe ao Goberno liberar de peaxe a AP-9 como alternativa á prolongación da A-52

A organización nacionalista levará este asunto ás Cortes polo grave impacto territorial, social e ambiental que suporá para Mos, Vigo e O Porriño

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demanda a comparecencia do ministro e do secretario de Estado de Transporte para que expliquen porque non se fixo un estudo de alternativa en que se valorase a liberación de peaxe da AP9 e a mellora das conexións

Ler novas