música
Novas
Brais Rúanova, Xabier P. Igrexas, Filipe Abalde e Carmela González na manifestación do estudantado do Conservatorio de Vigo

O BNG esixe á Xunta que rectifique os recortes de persoal no Conservatorio Superior de Música de Vigo

A fronte nacionalista acusa o Goberno galego do PP de provocar “un colapso de horarios e a perda de horas de ensaio” que vai afectar a preto de 300 estudantes

Representantes do Bloque no Concello e no Parlamento galego apoiaron as mobilizacións da comunidade educativa este martes na cidade

Xabier P. Igrexas: “Privar de oportunidades por mor da precariedade estrutural supón un gravísimo exercicio de irresponsabilidade institucional e unha perda irreparábel de talento”

Ler novas
Novas
Imaxe dun concerto nun quiosco de praia

O BNG de Vigo pide a Caballero que deixe de castigar a música viguesa tras o veto a concertos nos quioscos de praia

A fronte nacionalista reclama unha regulación estábel para estas actuacións e denuncia o abandono da creación musical local fronte ao investimento millonario en artistas foráneos

Ana Martínez: “O que precisa Vigo non son máis prohibicións nin máis improvisación, senón unha política cultural que respecte ás profesionais da música, apoie o talento local e garanta o dereito da cidadanía a acceder a unha oferta cultural diversa e de calidade”

Ler novas
Novas
concerto castrelos

O BNG de Vigo denuncia o desprezo e marxinación da música en galego na programación dos concertos de Castrelos

A fronte nacionalista critica que só 2 das 18 actuacións programadas sexan en galego e reclama unha aposta decidida pola cultura e a creación musical do país

Xabier P. Igrexas: “Os concertos de Castrelos deberían servir tamén para promover a normalización do galego na maior cidade do noso País, pero o Goberno de Abel Caballero insiste en relegar a nosa lingua a un papel residual e testemuñal”

Ler novas
Novas
A deputada provincial Manuela Rodríguez e o portavoz municipal en Vigo Xabier P. Igrexas

O BNG esixe á Deputación de Pontevedra que non exclúa a música en galego do Galicia Fest

A fronte nacionalista denuncia a reducida presenza de artistas galegos e critica a ausencia “practicamente total” de música na nosa lingua

A deputada provincial do BNG, Manuela Rodríguez, anuncia que interpelará no Pleno deste venres a vicepresidenta da Deputación para lle esixir que amplíe a programación

Xabier P. Igrexas: “Vemos como Luísa Sánchez é unha alumna avantaxada das políticas culturais galegófobas tanto da Xunta de Galiza como do Concello de Vigo, excluíndo de maneira inxustificábel a música en galego”

Ler novas
Novas
Abel Caballero, alcalde-teloneiro en Castrelos

O BNG de Vigo acusa a Concello, Xunta e Deputación de excluír a música galega nos concertos da cidade

Denuncia que só 2 das 25 actuacións confirmadas nos concertos de Castrelos, organizados polo Concello, e no Galicia Fest, de Xunta e Deputación, son grupos ou artistas galegos

Critica que un ano máis Abel Caballero incumpre a súa promesa de organizar o festival “Rocking Vigo” con grupos locais

Xabier P. Igrexas: “É intolerábel que se utilice diñeiro público para excluír á música galega e en galego nos concertos da maior cidade de Galiza”

Ler novas
Novas

O BNG chama a garantir a presenza de grupos galegos e vigueses nos concertos de Castrelos

A fronte nacionalista critica a “opacidade e o carácter discrecional” da decisión sobre quen actúa no auditorio e pide incluír bandas locais como teloneiras en lugar do “mitin de autobombo” do alcalde

Ana Martínez: “Hai unha calidade enorme na música que se fai na nosa cidade e non se entende o desprezo do Concello excluíndo estes grupos ano tras ano da programación”

Ler novas
Novas
Coloquio do BNG sobre a situación do baile e música tradicional en Vigo

O BNG de Vigo demanda un maior apoio municipal ao baile e música tradicionais na cidade

A fronte nacionalista realizou un coloquio no que participaron persoas representativas da danza e da música tradicionais para poñer en común propostas en positivo para relanzar o acervo cultural galego en Vigo.

Xabier P. Igrexas: “A mellor maneira de reverter a desertización cultural que padecemos desde hai unha década é afirmar o orgullo da nosa tradición, apoiando a todos os colectivos que fan que Vigo sexamos un referente do baile e da música tradicionais”.

Propoñen un Programa de Dinamización da Cultura Tradicional en Vigo, con axudas directas, un circuíto estábel de actuacións en todos os barrios e parroquias e a organización dun grande festival de música e baile tradicional na cidade.

Ler novas
Novas
O concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo pide aclarar os motivos das reiteradas suspensións de concertos por parte da Policía Local

A fronte nacionalista solicita á concellaría de Seguridade os informes das actuacións policiais ante a denuncia da plataforma Grupos en Loita de que non están xustificadas

Xabier P. Igrexas: “O BNG non queremos pensar que se trate dunha represalia contra algúns grupos que criticaron a desertización cultural e o desmantelamento das políticas xuvenís na cidade, como a reapertura ultraprecaria de Vigosónico”

Ler novas