nadal
Novas
[Foto: O Feito a Man]

O BNG de Vigo esixe explicacións ao Concello por impedir a celebración do Feito a Man tras 37 anos

A fronte nacionalista lembra que xa advertiu en novembro de que os atrancos do Concello podían provocar que non se celebrase unha nova edición desta emblemática feira de artesanía

Xabier P. Igrexas: “Non queremos pensar que o problema do Feito a Man é que alguén pense que era un competidor para o Cíes Market que xestiona unha empresa madrileña”

Ler novas
Novas
[Imaxe: @zonavigocentro]

O BNG de Vigo urxe rectificar o plan de tráfico e seguridade do nadal para “evitar unha desgraza”

A fronte nacionalista cualifica de “caos perigosísimo” as escenas vividas nos últimos días e reclama ao goberno de Caballero que tome medidas xa

Pide máis efectivos de Policía Local e Protección Civil, o reforzo do transporte público (tanto bus como taxi) e que se habiliten aparcamentos disuasorios nos accesos á cidade

Xabier P. Igrexas: “É evidente que tanto o plan de tráfico como as previsións en materia de seguridade son un fiasco absoluto”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas reunido coa Plataforma Veciñanza Centro afectada polas instalacións de nadal

Xabier P. Igrexas: “Nadal en Vigo si, por suposto que si, pero non así”

O BNG de Vigo vén de manter unha xuntanza con representantes da Plataforma de Veciñanza do Centro afectada polo “parque temático” de Abel Caballero 

Solicita ter acceso ao plan de autoprotección, ao informe de impacto acústico e ás autorizacións administrativas necesarias para a montaxe do Cíes Market e das atraccións

O BNG destinará o rogo e a pregunta no Pleno deste mércores a demandar unha rectificación do plan de tráfico e a esixir o cumprimento das ordenanzas municipais

Ante a “inacción cómplice” da Xunta, reclama que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural actúe de oficio para garantir a protección dos xardíns catalogados da Alameda 

Ler novas
Novas
Araucaria da Alameda coas luces a finais de maio

O BNG de Vigo esixe a Caballero o cumprimento da ordenanza que impide pendurar adornos de nadal no arboredo

A fronte nacionalista solicita ao Concello e á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta que confirmen que o mercado de nadal da Alameda conta cos permisos necesarios para ser instalado nuns xardíns catalogados e con especial protección

Xabier P. Igrexas: “As árbores non son postes, son un elemento esencial do ecosistema urbano que deben ser protexidos como mandata a ordenanza de Medio Ambiente”

Ler novas
Novas
Araucaria da Alameda coas luces a finais de maio

O BNG de Vigo pregunta a Caballero se hai que acudir ao Seprona para que retire o alumeado de nadal da araucaria da Alameda

A fronte nacionalista reitera a esixencia de retirar os adornos desta árbore singular, situada nuns xardíns catalogados que contan con especial protección. Lembran que a instalación vulnerou a ordenanza de Medio Ambiente.

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero debe explicar que clase de fobia ten contra o arboredo que xustifique continuar afogando con luces de nadal a araucaria a finais de maio”.

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama que o alcalde atenda as queixas veciñais polo nadal e garanta que as instalacións cumpren as normativas

A fronte nacionalista censura a actitude “desprezativa e autoritaria” de Abel Caballero fronte ás protestas veciñais que denuncian problemas ocasionados polas atraccións.


Xabier P. Igrexas: “O nadal da cidade non pode instalarse na lei da selva, nin podemos aceptar que se presenten como inimigos de Vigo a aquelas veciñas e veciños que están trasladando algunhas molestias”

Ler novas