O BNG de Vigo esixe transparencia ao Goberno municipal diante dos cambios no proxecto do túnel de Elduayen
A fronte nacionalista advirte de que se están a acometer modificacións sobre o proxecto orixinal licitado, mais sen detallar o alcance das mesmas nin os posíbeis custos.
Xabier P. Igrexas: “Trátase de que o goberno de Abel Caballero dea resposta á veciñanza; unha obra con tantos efectos na súa contorna merece unha explicación”.