O BNG emenda 10 millóns e medio dos orzamentos municipais de Vigo para que se atendan "as necesidades reais da veciñanza e dos barrios e parroquias"
- Xabier P. Igrexas: "Estes orzamentos pode que sexan bos para os intereses electoralistas de Caballero pero son moi malos para a cidade".
- A formación nacionalista formulou 74 emendas parciais, recollendo propostas e demandas do tecido asociativo e os movementos sociais "que o Goberno se nega a escoitar".
- Máis política social, alargar os servizos públicos, un maior compromiso coa igualdade, frear a desertización cultural e a defensa ambiental e do benestar animal centran as propostas do Bloque.