O BNG de Vigo impugnará a “cacicada” de Caballero na tramitación dos orzamentos municipais de 2024
O Goberno municipal convocou a Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda cun correo electrónico con 14 minutos de antelación á hora da xuntanza
A convocatoria ilegal vulnera o previsto nos artigos 36 e 82 do Regulamento Orgánico do Pleno e no 46.2 da Lei de Bases de Réxime Local que esixen que a convocatoria se faga con dous días de antelación
Xabier P. Igrexas: “Non só pretenden impoñer de novo uns orzamentos que son só do PSOE, sen contar con ninguén, senón que queren facelo pasando por riba da legalidade. No que dependa do BNG non llelo imos consentir”