paseo
Novas
Vista do estado dun treito do paseo do Lagares

O BNG de Vigo pide poñer fin ao abandono que padece o río Lagares

A fronte nacionalista denuncia o mal estado que presentan diferentes treitos do paseo fluvial

Insisten en demandar a declaración do río como Espazo Natural de Interese Local e instan a Concello a Xunta a dedicar máis recursos na súa protección 

Xabier P. Igrexas: “O río Lagares ten que deixar de ser utilizado como un grande sumidoiro para se converter no verdadeiro pulmón azul e verde da nosa cidade

Ler novas
Novas
paseobouzascerrado

O BNG de Vigo advirte que o paseo de Bouzas podería continuar fechado até 2022

O Goberno español confirmou, en resposta por escrito a unha pregunta do deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, que o expediente de concesión inda continúa en tramitación e non sinala ningún prazo nin data concreta.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, alerta de que “mesmo no caso de que a concesión se formalizase a finais deste ano como dixo o alcalde, e tendo en conta os prazos de licitación e de execución da obra, o novo Paseo de Bouzas non estaría rematado antes de 2022, case 4 anos despois do seu peche”.

A fronte nacionalista critica ademais que a actuación se vaia limitar a 528 metros, deixando en “propaganda e papel mollado” o anuncio de Abel Caballero de que ía atinxir desde Bouzas até Samil.

Ler novas