peinador
Novas

O BNG de Vigo esixe “menos ruído e máis accións” para potenciar Peinador

A fronte nacionalista cualifica de “absoluto disparate” as recomendacións do Clúster de Turismo e defende que Peinador debe ser a terminal de referencia para a área de Vigo, o conxunto do sur do País e a Eurorrexión

Esixe que a Xunta de Galiza faga efectivo o seu compromiso de poñer en marcha e financiar  a captación novos destinos, demanda que se avance na articulación dun sistema aeroportuario galego e volve reclamar un Plan de dinamización para Peinador

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Peinador non se defende con polémicas e golpes de peito, senón con propostas e acordos”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo esixe a Aena que desista da torre de control remota en Peinador

Oponse a ampliación de horario dunha torre sen visibilidade directa sobre a pista e sen visión de 360º que é rexeitada polos propios controladores e controladoras aéreas

Acusa a Aena de converter Vigo nun “laboratorio de probas” para abaratar custos “a costa de reducir garantías”

Xabier P. Igrexas: “Non se pode impor este modelo desde un despacho a quilómetros de distancia, como se o de Vigo fose un aeroporto secundario”

Ler novas
Novas

O BNG pide coordinar un sistema aeroportuario galego que potencie Peinador tras a marcha de Ryanair

A fronte nacionalista traslada iniciativas ao Parlamento galego nas que reclama cooperación entre Administracións para superar o modelo “fracasado” de subvencións

Paulo Ríos: “As necesidades de mobilidade en Galiza non poden quedar da man de aeroliñas que só atenden os seus intereses lucrativos”

Xabier P. Igrexas: “O problema non se vai resolver cun novo intercambio de reproches partidistas entre as diferentes Administracións”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo cualifica a saída de Ryanair de Peinador como a proba definitiva do fracaso das subvencións

Urxe despregar un plan de dinamización do aeroporto, a través da cooperación entre Concello, Xunta e Goberno español, para que a terminal non dependa de decisións “arbitrarias e caprichosas” das compañías

Propón medidas para modernizar Peinador, mellorar os seus accesos e conectividade intermodal, permitir a apertura 24 horas e potenciar o transporte de mercadorías

Xabier P. Igrexas: “Hai que superar esa visión reducionista que entende que os aeroportos galegos compiten entre si, cando o verdadeiro competidor é Sá Carneiro”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo esixe a paralización da torre de control remota en Peinador polos riscos á seguridade e os fallos detectados

Alerta de que os fallos técnicos rexistrados durante as probas confirman os riscos desta tecnoloxía e denuncia que Aena só procura precarizar aínda máis un servizo esencial como é control aéreo

A fronte nacionalista demanda do alcalde, Abel Caballero, que rompa o seu “silencio cómplice” e se dirixa ao Goberno español para esixir a paralización da torre remota e que se garanta o control presencial

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que Peinador se converta nun laboratorio de probas para un modelo que prioriza o lucro de Aena e empresas como Saerco por riba da seguridade e do servizo público”

Ler novas
Novas
Fochanchas na pista de Peinador en marzo de 2023 [Imaxe: @controladores]

O BNG de Vigo urxe reforzar o mantemento de Peinador para evitar novos peches até a renovación da pista

A fronte nacionalista demanda un Plan de Dinamización do aeroporto con medidas como a mellora dos accesos, a conexión intermodal e cun bus directo, a apertura da terminal as 24 horas e potenciar o transporte de mercadorías

O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, lamenta as negativas continuas dos Gobernos español e galego a desenvolver estas melloras no grande aeroporto do sur de Galiza
 

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG

O BNG de Vigo urxe a fin do “abandono” do aeroporto de Peinador por parte do Goberno español

A fronte nacionalista esixe explicacións no Congreso, a través do deputado e portavoz nacionalista, Néstor Rego, polo terceiro peche da terminal a causa dunha fochanca

Afea a negativa do Goberno de PSOE e Unidas Podemos á emenda do Bloque para despregar un plan de dinamización do aeroporto vigués dotado con 2,5 millóns de euros

Xabier P. Igrexas: “Non ten ningunha xustificación que non se teña feito nin tan sequera o reasfaltado da pista que prometeu hai varios meses”

Ler novas