Actualidade
O BNG de Vigo pide un maior apoio de Xunta e Goberno español para potenciar o aeroporto de Peinador
12/feb./2019
O candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas, demanda a mellora da accesibilidade da terminal e a posta en marcha dun Plan de dinamización con recursos dos gobernos galego e español.
“O futuro de Peinador pasa por articular un sistema aeroportuario galego, integrado e coordinado, para consolidar e reforzar a actual oferta de destinos e frecuencias”, defende Pérez Igrexas.