piscina
Novas

O BNG de Vigo esixe á Deputación que asine hoxe o convenio para a reforma da piscina de Teis

Acusa o Goberno local e provincial de utilizar como “reféns da súa disputa partidista infantil por unha foto” a 1.500 veciños e veciñas que levan leva 42 meses coa instalación pechada

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser que decisións caprichosas e teimas personalistas impidan un acordo necesario en favor da cidade e do barrio de Teis”

A deputada do Bloque, Manuela Rodríguez, reclamou este venres na Deputación a sinatura

Ler novas
Novas
piscina teis

O BNG esixe que Concello e Deputación deixen de facer refén a Vigo da súa pelexa partidista e asinen de inmediato o convenio para a piscina de Teis

Lembra que a piscina leva fechada desde hai 1.270 días e urxen a sinatura para que o ente provincial transfira o financiamento necesario para acometer as obras e reabrila

Xabier P. Igrexas: “Que unha foto, que o alcalde non quere e a vicepresidenta da Deputación esixe, sexa o atranco para asinar un convenio co que Vigo reciba 5 millóns de euros é un delirio irresponsábel”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Ana Martinez e Filipe Abalde no Pleno de Vigo

O BNG de Vigo critica que o Goberno municipal “negue a realidade lamentábel” que padecen as instalacións deportivas

A fronte nacionalista, a través do seu concelleiro Filipe Abalde, defendeu no Pleno unha moción reprobando a “nefasta xestión” do edil de Deportes, Manel Fernández, e esixindo solucións. A moción foi rexeitada polo voto en contra do PSOE

Desde o Goberno municipal, en resposta á denuncia do BNG, anuncia a devolución parcial das cotas á veciñanza afectada

Este mesmo luns, o Concello notificou que van estar pechados en horario de tarde durante todo o mes de xullo o ximnasio do Carme, as instalacións de Samil e o pavillón das Travesas

Xabier P. Igrexas: “Por máis que o neguen o emperador está espido e, a pesar do avultado resultado electoral e da súa maioría absolutísima, os ximnasios municipais non abren, as pistas de atletismo e os pavillóns caen a cachos e non hai aínda nova piscina en Teis”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo denuncia que a piscina das Travesas segue pechada malia o anuncio de reapertura en setembro

A fronte nacionalista esixe o Goberno local que explique os motivos da demora e informe cando abre a instalación deportiva, após un verán no que Vigo só contou cunha piscina municipal aberta

Filipe Abalde: “As persoas usuarias das Travesas atopáronse sen ningún aviso previo que a piscina segue pechada, sendo derivadas a Lavadores e Valadares onde hai saturación”

Ler novas
Novas
Filipe Abalde, concelleiro do BNG de Vigo

O BNG denuncia que Vigo só contará con dúas piscinas municipais abertas durante o verán

A fronte nacionalista urxe concretar os prazos para a reapertura da piscina de Teis e pide ampliar horarios no resto de instalacións así como bonificacións ás persoas que se vén obrigadas a desprazarse a outros barrios

Filipe Abalde: “Ao Goberno municipal non lle importa o deporte como demostra a partida ridícula de 270 mil euros para mantemento das instalacións deportivas que, aínda por riba, queda sen exectuar ano tras ano”

Ler novas
Novas
Campo da ETEA sen iluminación na metade do terreo de xogo

O BNG de Vigo propón un plan de reforma para reverter o mal estado de moitas instalacións deportivas

A fronte nacionalista responsabiliza o Goberno de Caballero do peche de numerosos pavillóns, campos e piscinas municipais por falla de mantemento

Denuncia que non se executou no que vai de ano nin un só euro da partida orzamentaria destinada á mellora das dotacións deportivas

Filipe Abalde:
“Non pode escusarse nas malas condicións meteorolóxicas para xustificar este abandono, é un problema de falla de xestión e de vontade política”  

Ler novas
Novas
Piscina Teis

O BNG de Vigo urxe a Caballero a dar solucións as máis de 1.500 persoas usuarias da piscina de Teis

A fronte nacionalista denuncia a “lentitude incomprensíbel” do Goberno municipal que se volveu confirmar na Mesa de Contratación de hoxe na que a licitación da elaboración do proxecto de reforma que tardará, como mínimo, varias semanas en resolverse

Apoian a reivindicación da veciñanza de Teis de recuperar a piscina da ETEA, actualmente cuberta para volver dar servizo tras 15 meses de inactividade

Xabier P. Igrexas: “É un disparate que habendo unha segunda piscina no barrio, se castigue ás veciñas e veciños de Teis sen esa instalación deportiva por un prazo que podería chegar perfectamente, visto o ritmo do Goberno, até ben entrado o ano 2025”

Ler novas
Novas
Piscina de Teis

O BNG de Vigo urxe a reapertura da piscina municipal de Teis

A fronte nacionalista denuncia que inda non se iniciou a licitación das obras despois de case un ano e malia existir desde 2022 unha partida orzamentaria de un millón de euros

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía: “Case un ano despois do incendio o Goberno de Abel Caballero inda non moveu un dedo para volver poñer en marcha a piscina de Teis”

Ler novas