Goberno local
O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo feche das pistas de atletismo en setembro
03/set./2019
- O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denuncia que o concelleiro de Deportes faltou á verdade xa que non se consultou a todos os clubes. Tampouco se informou ao representante dos atletas nin á Federación.
- O BNG advirte do grave prexuízo que esta decisión vai provocar sobre todo para as categorías inferiores e o atletismo de base.
- A fronte nacionalista preguntará sobre que actuacións e obras se van realizar que xustifiquen o feche durante todo o mes.