O BNG de Vigo presenta o seu programa aberto con 629 propostas para trazar un novo rumbo na cidade
A fronte nacionalista suma na súa alternativa “en positivo” achegas e ideas recollidas durante máis de 50 encontros con diferentes colectivos e a través das redes sociais
O documento divídese en cinco coordenadas para levar ‘Vigo máis alá’: unha cidade máis habitábel e moito máis verde, igualitaria e socialmente xusta, que volva ser pulmón produtivo de Galiza, vangarda na creación cultural e motor de todo un País
Xabier P. Igrexas: “Son propostas que buscan dar resposta ás innumerábeis necesidades desatendidas estes últimos catro anos por un Goberno que deixou 436 millóns sen gastar, na certeza de que Vigo merece máis”