pxom
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caballero que cese na súa "política urbanística kamikaze” na tramitación do novo PXOM

A fronte nacionalista denuncia unha nova prórroga “irregular” do Instrumento de Ordenación Provisional e pide ao Goberno local que deixe de utilizar os “atrasos interesados” da Xunta como “escusa para ter nun punto morto” o urbanismo da cidade

O portavoz municipal do Bloque alerta de que non se ten avanzado na tramitación das miles de alegacións ao novo Plan Xeral, que segue "secuestrado na escuridade dos despachos"

Xabier P. Igrexas: “Nunca na historia de Vigo houbo un contexto de tanta inseguridade xurídica no urbanismo pola decisión caprichosa e a nefasta xestión do Goberno municipal”

Ler novas
Novas
Acto Público do BNG Vigo en Bembrive

O BNG comprométese a retirar os proxectos de viais que ameazan con tronzar o rural de Vigo

O candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo asegura nun acto público en Bembrive que un Bloque “determinante” no Concello a partir do 28 de maio será garantía dun “rotundo non” á PO-010 e ao proxecto de nova A-52

Xabier P. Igrexas: “A veciñanza das parroquias non son viguesas e vigueses de segunda, e o noso compromiso é poñer fin ao abandono que padecen desde hai demasiados anos”

Roberto Fernández Vila, candidato pedáneo: “É hora dun cambio nunha Entidade Local Menor marcada por unha xestión nefasta e envolta en sucesivos casos de corrupción”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo esixe anular a suspensión “ilegal” dos prazos do IOP por parte da concelleira de Urbanismo

A fronte nacionalista rexistra un recurso de reposición contra esta decisión “unilateral” por non ser sometida ao preceptivo acordo do Pleno municipal e por carecer de motivación

Advirte de que esta “chapuza” se vai traducir nunha “colosal inseguridade xurídica” e no risco de nulidade de todas as actuacións urbanísticas autorizadas a partir da resolución

Xabier P. Igrexas: “Caballero ten moito interese en demorar a tramitación para evitar que as viguesas e os vigueses voten o 28 de maio coñecendo a realidade do que pretende facer co novo PXOM”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo acusa a Caballero de dar un “autogolpe urbanístico” impoñendo ilegalmente a suspensión de prazos do IOP para demorar o novo PXOM

Na fronte nacionalista inscriben esta nova “manobra escura” dentro da xestión “absolutamente opaca e irregular” coa que o Goberno municipal está a tramitar o novo Plan Xeral

Xabier P. Igrexas: “A concelleira de Urbanismo non ten competencia para poder ditar a través dunha resolución a suspensión dun prazo que afecta a dous acordos adoptados polo Pleno [a aprobación definitiva do IOP e a inicial do PXOM]”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

O BNG de Vigo esixe a Caride que cumpra a lei despois do demoledor informe xurídico pola concesión ilegal de licenzas urbanísticas

O informe emitido pola Secretaría Xeral do Pleno ratifica que o Goberno municipal de Abel Caballero vulnerou a suspensión automática de licenzas derivada da aprobación inicial do novo PXOM.

Xabier P. Igrexas: “O que ten que facer o Goberno municipal, a principiar pola señora Caride como máxima responsábel do Urbanismo da cidade e a persoa que coa súa sinatura outorga as licenzas, é cumprir escrupulosamente a lei poñendo fin ao urbanismo á carta que practica”

Ler novas
Novas
Foto_Xabier P Igrexas, concelleiro e candidato BNG Vigo

O BNG de Vigo pide explicacións a Urbanismo polas irregularidades na concesión de licenzas

A fronte nacionalista reclama á concelleira María Jose Caride que rectifique a licenza “abertamente ilegal” outorgada para unha parcela na rúa Porto Rico

Solicita a revisión de oficio de todas as licenzas concedidas desde a aprobación inicial do novo PXOM para desmentir as sospeitas dunha “xestión urbanística á carta”

Xabier P. Igrexas: “O BNG esixímoslle a Caride que non se esconda detrás dos técnicos porque a licenza foi dada coa súa sinatura e non é unha indocumentada”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo

O BNG acusa a Caballero de ocultar o novo PXOM de Vigo para impoñelo sen apoio veciñal

A fronte nacionalista denuncia opacidade do Goberno municipal co calendario de tramitación do plan urbanístico e afea que non se teña reunido con ningún dos colectivos que formulou alegacións en contra do proxecto

Xabier P. Igrexas: “Caballero coloca o PXOM na mesma escuridade dos despachos na que decidiu elaboralo sen participación e negándose a escoitar á veciñanza de Vigo”

Ler novas
Novas
O concelleiro e candidato do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo acusa a Caballero de “simular” a promoción de vivenda protexida para ocultar que non fixo ningunha desde 2007

A fronte nacionalista tacha de “lavado de cara” o anuncio do alcalde de axilizar no novo PXOM a promoción de 200 inmóbeis en Santa Cristina, o ámbito urbanístico con menor número de vivendas previstas de acceso social

Cuestiona a falla dun ente para desenvolvelas, após as reiteradas negativas do Goberno municipal de constituír a Axencia Local de Promoción de Vivenda Protexida proposta polo BNG

Xabier P. Igrexas: “Reclamamos menos xestos e un compromiso real e efectivo para promover vivenda protexida que permita resolver o grave problema que padece a nosa cidade”

Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo reclama coñecer o estado da tramitación das alegacións veciñais ao novo PXOM

A fronte nacionalista solicita garantías de que se van atender e responder todas as propostas de modificación ao instrumento urbanístico e esixe ao goberno de Abel Caballero un calendario sobre os próximos pasos.

Xabier P. Igrexas: «Non imos tolerar que a unha xestión pouco transparente e participativa na elaboración se engada agora opacidade coas alegacións»

Ler novas